A Xunta de Galicia ten aberto, ata o 13 de marzo, o prazo para que as Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) dos centros educativos soliciten axudas para as súas actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero entre os escolares, así como actuacións que faciliten a conciliación corresponsable das familias.
Estas axudas poderán solicitarse ata o 13 de marzo.
A Xunta de Galicia destinará un millón de euros, dos que 400.000 euros son para o financiamento de programas que favorezan a igualdade entre mulleres e homes e sensibilicen contra a violencia de xénero. E 600.000 euros para iniciativas que favorezan a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos, inclusive.
A contía das axudas que poden recibir as ANPAS varía en función do tipo de programa que realicen e tamén no caso de que se leven a cabo individualmente ou de maneira conxunta con outras ANPAS. Así, o apoio mínimo da Xunta é de 3.000 euros para actividades de promoción da igualdade e contra a violencia de xénero a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A máxima pode chegar aos 20.000 euros cando se trata de programas de conciliación e corresponsabilidade que leven a cabo federacións ou confederacións de ANPAS, que se desenvolven con fondos do Plan Corresponsables.
Máis información en:



