Remataron así os traballos na marxe esquerda desta vía, na parroquia de San Pedro de Baroña, ao norte do núcleo rural de Abuín, onde entronca o camiño de acceso a varias parcelas situadas en Lamas, Loncras e Toxodelo.
As obras, que supuxeron un investimento autonómico de preto de 43.000 euros, centráronse na execución dun muro de contención da estrutura existente no noiro afectado polas choivas, que desaconsellaba o uso do camiño polos propietarios das parcelas desa zona polo risco de escorregas.
Construíuse un muro de contención de xeometría irregular duns 30 metros de lonxitude e 5 metros de altura máxima, sen considerar a zapata
O novo muro arranca a continuación do xa existente, cunha cota lixeiramente inferior, de xeito que garanta a estabilidade do desnivel e xere un maior ancho do camiño que mellore as súas condicións de seguridade.
Esta actuación é froito da colaboración entre a Xunta e o Concello do Porto do Son, tras asinarse un convenio para impulsar estas obras de especial interese para os veciños da contorna.
Mediante este acordo, a Xunta financia integramente a intervención e executa os traballos que se acaba de rematar, mentres o Concello de Porto do Son puxo á disposición os terreos necesarios e asumirá a explotación, mantemento e conservación das obras realizadas.
O Goberno galego continúa traballando na mellora das estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria e proporcionarlles aos cidadáns unhas vías eficientes e cómodas.
Novas
- Acreditacións 12
- Bandos 23
- Benestar social e igualdade 85
- Cultura, ocio, tempo libre 218
- Documentación Municipal 221
- Educación 27
- Emprego 2.443
- Festexos 9
- Formación 401
- Mar 15
- Medio Ambiente e cambio climático 48
- Obras 155
- Obras en Marcha 122
- Proxectos 5
- Roteiros 3
- Sanidade 18
- Trámites On-Line 10
- Turismo 22
- Voluntariado 5
- Xeral 46
- Xuventude e deporte 115
CONCELLO DE PORTO DO SON
Rúa Atalaia, 7
15970 · Porto do Son (A Coruña)
T: 981 867 412
Tels. Rexistro: 881 862 318 / 881 988 550 / 881 988 340
Son Infinitamente Natural
Copyright © 2024 Porto do Son




