A Xunta de Galicia aprobou provisionalmente o proxecto para someter a información pública a construción dunha senda peonil e ciclista ao longo da estrada AC-550 ao seu paso por O Porto do Son. A actuación contará cun investimento superior aos 2,6 millóns de euros e busca mellorar a mobilidade e a seguridade viaria no municipio.
O Consello da Xunta aprobou provisionalmente o proxecto para someter a información pública aexecución dun itinerario de uso compartido peonil-ciclista en paralelo á AC-550, ao longo de dous treitos independentes, no municipio sonense.
Trátase dun novo proxecto do Goberno galego para a mellora da mobilidade e a seguridade viaria nesta estrada autonómica ao seu paso polo municipio coruñés, que suporá un investimento superior aos 2,6M E.
O primeiro treito desenvólvese pola marxe esquerda da AC-550, ao longo de algo máis de 1 quilómetro de lonxitude, no treito comprendido entre o quilómetro 78+320 e o 79+400, que comunica Linteiros e A Gafa.
O segundo treito discorrerá pola marxe dereita desta via da Xunta, entre o punto quilométrico 81+400 e o 84+600,que se inicia ao final da zona urbana de Freixedo e acada O Campo do Prado; neste percorrido entre o quilómetro 81+910 e o 82+020, a presenza dunha edificación xunto á beiravía impide a implantación da senda neste tramo.
A Consellería de Vivenda e Planificación de lnfraestruturas prevé someter nos vindeiros días este proxecto a información pública, para efectos da Lei 8/2015, de estradas de Galicia, e para efectos expropiatorios, por un prazo de 30 días. Para executar as obras será necesaria a expropiación de 26 predios, cunha superficie de expropiación de 687,00 m2 e unha ocupación temporal de 22 m2, toda no municipio do Porto do Son.
A previsión do Departamento de lnfraestruturas da Xunta é poder aprobar o proxecto de trazado no terceiro trimestre do ano para ter o proxecto construtivo no último trimestre do ano. O prazo de execución das obras é de 14 meses.
Descrición da actuación
A intervención no primeiro treito proposto desenvólvese pola marxe esquerda da estrada AC-550 e percorre o núcleo de Linteiros, prolóngase ao longo de algo máis de 1 quilómetro de lonxitude (entre os puntos quilométricos 78+320-79+400), ata A Gafa, onde empezan as beirarrúas que se prolongan ata Portosín.
O segundo treito proxéctase pola marxe dereita desta mesma via autonómica (no treito comprendido entre o quilómetro 81+400 e o 84+600), xerando un itinerario seguro de 3.2 quilómetros de lonxitude e comunicando asbeirarrúas de Freixedo coas que se inician no tanatorio do Campo do Prado. En concreto, neste treito intervirase nunha lonxitude de algo máis de 2,3 quilómetros, ao exceptuarse o tramo entre o quilómetro 81+910 e o 82+020 que impide a ampliación da beiravía pola presenza dunha edificación.
O conxunto da intervención proxéctase adxacente á estrada e mantén o mesmo trazado que esta. Considérase un ancho de senda de algo máis de 2 metros mantendo unha beiravía de 1 metro. A senda elévase 4 centímetros sobre abeiravía.
En todo o percorrido o pavimento empregado será de hormigón bicapa en cor terriza. Nos accesos ás parcelas e nos cruzamentos cos camiños municipais o pavimento irá reforzado con mallazo de aceiro, e empregarase pavimento podotáctil nos cruzamentos coas estradas municipais e na parada de autobús.
En paralelo á calzada executarase un caz con sumidoiros, cada 20 metros, que conducirán as augas a un conduto depluviais baixo a senda.
Entre os puntos quilométricos 79+020 e 79+140, executarase unha pasarela pilotada que salvará o rio Ornanda mediante un paso de 9 m de luz. O rio Quintáns (no quilómetro 84+380), salvarase tamén cunha estrutura de 15 mde luz.
Executaranse muros de cachotaría, entre os quilómetros 78+880 – 78+930 e 83+483- 83+532, así como no noiro xunto ao río Sandión e onde os estribos do paso sobre o río Quintáns. Empréganse muretes de formigón entre os quilómetros 78+430 e 78+445 e no 84+110.
Para minimizar as futuras afectacións á senda debido a obras de redes de servizos, proxéctase a inclusión dun prisma de canalización para luz pública, así como a execución dun prisma para as telecomunicacións en solourbano.
A senda proxectada permite tamén mellorar a accesibilidade de seis paradas de autobús localizadas ao longo do seu percorrido, das cales 3 se manteñen na súa localización actual, adaptando a súa posición, e as outras 3 serántrasladadas.
Disponse tamén no proxecto un paso de 1,80 metros por diante dos refuxios e xérase un apartadoiro, e substituiranse os refuxios segundo corresponda, e de acordo cos existentes modelos da Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
As actuacións recollidas neste proxecto documento contarán co financiamento dos fondos do programa operativo Feder 21/27.





