Roteiros|

Os veciños e veciñas de Porto do Son continúan gozando e descubrindo novos recunchos do municipio co programa ‘Paseos saudables. Quen move as pernas, move o coraSON’.

Tras o éxito acadado na anterior edición, o Concello decidiu dar continuidade a esta iniciativa, que busca fomentar a actividade física e crear novos lazos sociais entre a veciñanza.

Os paseos, nos que poden participar todas as persoas que así o desexen, independentemente da súa idade, saen todos os venres ás 10:30 horas do Club de Xubilados. Adoitan ser dunha hora de duración e de dificultade baixa, o que permite desfrutar das fermosas paisaxes que compoñen o termo municipal.

As inscricións pódense realizar na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son.

Comments are closed.

Close Search Window