Xuventude e deporte|

O Real Club Náutico de Portosín fixo historia na Ría da Estrela celebrando o I Campionato Galego de Wingfoil.

A pesar de que a segunda xornada non puido disputarse por falta de vento, a emoción e o espectáculo vivíronse no primeiro día, con probas de gran nivel.

Representando ao Real Club Náutico da Coruña, o ucraíno Platon Kuzmenko proclamouse primeior campión galego da clase, demostrando unha gran velocidade e regularidade. O podio completárono Anton Kuzmenko (RCN A Coruña) e Nicolás Blanco (CN Castrelo de Miño). O Olímpico Iago López Marra finalizou 5º a só un punto do podio nunha cita estelar.

A xornada foi definida como “un antes e un despois na vela galega”.

Comments are closed.

Close Search Window