A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en O Porto do Son o vindeiro martes, 12 de maio, en horario de 9 a 14 horas diante do Asador do Hórreo.
Esta Oficina presta os seguintes servizos:
- Asesoramento sobre programas de apoio ao retorno.
- Asistencia en trámites administrativos incluíndo xestións de temas relacionados coa sanidade, educación e seguridade social.
- Información tributaria.
- Orientación laboral, axudando na busca de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro.
- Información sobre opcións de vivenda.
As persoas interadas poderán solicitar cita a través desta ligazón: https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna/oficina-movil-cita-previa ou chamando ao teléfono 900 102 380


