Xuventude e deporte|

As pistas de Trapa e o pavillón polideportivo David Vidal recibirán, nos meses de xullo e agosto, ás e aos contendentes da Liga absoluta e veterán feminina e masculina de tenis.

As persoas interesadas en participar na competición, organizada polo Club Fieiro Tenis de Noia en colaboración co Concello de Porto do Son, poden solicitar máis información e inscribirse na área de Deportes, no 981 767 589, ou no propio Club, no 691 203 243.

Comments are closed.

Close Search Window