Xuventude e deporte|

A II edición da Travesía Costa volveu conquistar Portosín grazas a unha mañá na que o deporte, a aventura e o acompañeirismo foron os protagonistas.

As nadadoras e os nadadores, desde as idades máis temperás ata as máis adultas, deron o mellor de si, tanto na area como no mar, nesta competición tan especial.

Desde o Concello de Porto do Son expresan o seu agradecemento a todas as persoas pola súa participación e felicitáronos polo gran campionato que fixeron.

Comments are closed.

Close Search Window