Cultura, ocio, tempo libre|

A Escola de Música do Porto do Son celebrou o fin de curso da modalidade de guitarra cunha audición na que o alumnado amosou o seu talento.

Os nenos do centro interpretaron na gala as diferentes pezas que da man do profesorado co que aprenderon durante este ano escolar.

Desde o Concello agradécese o gran labor do profesor Malé e, ademais, felicítase ao alumnado pola fantástica actuación de peche na que demostraron todo o aprendido durante estes meses.

Comments are closed.

Close Search Window