
15 de ABRIL
🇪🇺 Charla Informativa de VOLUNTARIADO EUROPEO
MAÑA terá lugar unha charla informativa sobre o programa de voluntariado europeo na sede da Asociación Deloa [Escravitude, Padrón].
Este programa é totalmente gratuíto (o programa cubre a viaxe, comida, aloxamento, seguro médico, desprazamento dende o aloxamento ao proxecto). O único requisito é ter entre 18 e 30 anos de idade e residir nun país da Unión Europea.
A través do voluntariado europeo, a mocidade poderá desfrutar dunha estancia de entre 2 a 12 meses noutro país de Europa colaborando con proxectos de diferentes temáticas que abarquen cultura, educación, medio ambiente ou colectivos vulnerables.
🗓️ 16 de ABRIL ás 16:00h
📍 Lugar da Escravitude s/n 15980 Padrón, A Coruña
Máis información e inscricións na Fundación Paideia Galiza: www.paideia.es/voluntariado-europeo/#formulario_sve
A nova no Facebook:
www.facebook.com/concelloportodoson/posts/pfbid0wWfEjypiyEi99YgdJUQgKz4Et43i9Wd3vZBVamDTSzXDSPG7XWJdF8K4zb4NtAhZl