Benestar social e igualdade|

Marichel Costas Manzanares. Enfermeira da EOXI da Coruña
Programadora: Begoña García Cepeda

O Concelleiro de Benestar Social, Pepe Lijó, participou na presentación do 𝙾𝙱𝚁𝙰𝙳𝙾𝙸𝚁𝙾 𝗖𝗢𝗜𝗗𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗔 𝗤𝗨𝗘𝗡 𝗖𝗢𝗜𝗗𝗔 reivindicando o valor dos traballos realizados polas mulleres ao longo do tempo; de todas e cada unha das que tiveron que asumir como propio as labores do fogar e da familia e facer auténticos malabares para estar sempre ao 100% tamén no seu propio traballo. Os tempos deben mudar a prol da IGUALDADE. Hoxe, e todos os días do ano, celebramos os logros conseguidos nesta materia, mais somos consciente de que aínda nos queda moito camiño por percorrer. Non pararemos ata acadar unha sociedade xusta, inclusiva e igualitaria.

Un obradorio desenvolvido contra vento e marea, mais cunha magnífica resposta do alumnado. Un curso marabillosamente exposto no que o obxectivo principal é o de formar ás persoas coidadoras e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade e os coidados que proporcionan, así como o uso de axudas técnicas que lle faciliten o seu labor; de previr o síndrome do coidador e codependencia nos familiares e coidadores e o burn-out nos coidadores.

🫶 𝑰𝒏𝒇𝒊𝒏𝒊𝒕𝒂𝒔 𝒈𝒓𝒂𝒛𝒂𝒔 ao grandioso alumnado que se sumou a esta importante iniciativa formativa e á Escola Galega de Saúde e ACIS Axencia de coñecemento en saúde pola súa incrible colaboración.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close Search Window