Xeral|

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia acolleu a final na que o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia anunciou as obras vencedoras da XXI edición dos Premios COAG de Arquitectura, na busca de recoñecer e divulgar o mellor da arquitectura galega

Cunha candidatura de 243 propostas aprobadas, executadas e finalizadas entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023, unha vez analizadas todas, o xurado escolleu 102 obras como proxectos seleccionados, para finalmente elixir como finalistas 47 obras en diferentes categorías.

A mellora do bordo da praia de Porto so Son foi gañadora na categoría de deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo, “pola excelente mellora dun entorno natural baixo parámetros dun case anonimato arquitectónico no que a forma e o peso construtivo repréganse para evitar presenza sen perder intensidade. Un proxecto exemplificador que busca recuperar a xeografía antes que engadir arquitectura á mesma”.

Comments are closed.

Close Search Window