Campionato de España absoluto 420

  • Imprimir

O Concello de Porto do Son colabora co C.N. Portosín na organización do campionato de España absoluto 420 a realizar nas augas da ría de Muros e Noia, na semana do 2 ao 8 de Abril.

Este evento é unha oportunidade importante para dar a coñecer o noso Concello, e volcarémonos na divulgación turística do magnífico entorno do que dispoñemos.

Para dar a coñecer a nosa cultura dispoñemos das actuacións dos nosos grupos municipais, de danza "Anduriña" e de gaitas "Suevia" que sen dubida farán as delicias de participantes e acompañantes de esta prestixiosa regata.

Tamén contaremos coa colaboración de Protección Civil e a Policía Local.

Para desfrute dos nosos xóvenes logo de competir temos programado un concerto de rock no parque de Portosín o venres día 6 de abril.

Esperamos que todos saian satisfeitos da organización e se leven un recordo imborrable do noso concello e da nosa xente, que sen dúbida logrará estar a altura de tan grandioso acontecemento.


concerto portosin

--

Un saúdo

Concellería de Turismo de Porto do Son

Adjuntos:
ArchivoDescripciónData de Publicación
Descargar este adjunto (Programa do C.N. Portosín.pdf)Programa do C.N. Portosín.pdfPrograma do Campionato de España Absoluto