Información curso de Musicoterapia

  • Imprimir

 

O CONCELLO DE PORTO DO SON ORGANIZA UN OBRADOIRO GRATUÍTO DE MUSICOTERAPIA.


Esta acción formativa, de catro horas de duración, vai ter lugar o luns 5 de novembro.
O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza
un Obradoiro de Musicoterapia que se vai desenvolver na tarde do día 5 de novembro, en horario
de 16.30h a 20.30h.
Neste obradoiro, de carácter gratuíto, as persoas participantes aprenderán a traballar aspectos
como a mobilización corporal, o equilibrio, o traballo con corpo e voz, a percepción das sensacións
musicais, o fomento da creatividade a través da música, a relaxación a través da música, etc.
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa inscrición no Servizo de
Orientación Laboral do Concello de Porto do Son (Casa do Concello – 2º andar).
Porto do Son, 23 de outubro de 2018.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónData de Publicación
Descargar este adjunto (ficha_inscricion_musicoterapia_out_2018.pdf)Ficha inscrición curso de musicoterapia Outubro 2018.pdf 23-10-2018