Campamentos deportivos de verán 2017

  • Imprimir
O Concello de Porto do Son foi incluido na actividade dos "CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2017" da Deputación da Coruña para a que nos adxudican 5 PRAZAS.
 
A estancia e manutención realizarase nas instalación do Centro Residencial Docente Da Coruña, no Concello de Culleredo (rúa Salvador Allende,13).
 
O transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, non está incluido na oferta; irá por conta dos/as nenos/as adxudicatarios das prazas.
 
Asímesmo, recordamoslles que as inscricións serán no concello, con data límite o 17/06/2017.
 
A quenda que lle corresponde ao seu concello é a 2ª QUENDA, dende o 26/08/2017 (chegada para cear), ó 01/09/2017 (saída tralo almorzó).
 
A campaña está destinada a 360 nenos/as de toda a provincia, de entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano 2017, e aboarán 85,00 € como cota de participación.
 
No caso de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizar un sorteo público ante o/a Secretario/a do concello para adxudicar as prazas.