Praias sen fume

  • Imprimir

O Concello de Porto do Son participa na Rede Galega de PRAIAS SEN FUME promovida polo Programa de Promoción da vida sen tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade coas seguintes praias:

A VILA, ORNANDA, A GAFA, O POZO, ARNELA E COIRA.

Con esta iniciativa, pretendemos promover a vida saudable. O seu fin é educativo, de promoción da saúde e protección do medio ambiente.