Sentimos advertirle de que su navegador web no está actualizado.

La web a la que intenta acceder utiliza las últimas tecnologías para crear una experiencia de usuario única por compatible únicamente con las últimas actualizaciones de los navegadores web más usados. Para descargarse las últimas versiones de estos navegadores, por favor, escoja en la lista su navegador favorito y descárguelo.

Muchas Gracias.

Un lugar para admirar,

un lugar para visitar

Castros de Baroña

Castros de Baroña


¿QUE É UN CASTRO?

O nome "castro" e os seus derivados (castrelo, castrillón, etc.) designa un lugar, frecuentemente unha elevación que destaca na paisaxe, que agocha elementos que indican que estivo habitado nalgún momento antigo da nosa historia. Este momento é tan lonxano que o galego xa perdeu lembranza del e atribue os restos que aparecen a uns seres míticos, "mouros".

¿QUEN HABITOU OS CASTROS?

Aínda que é un tema aberto a debate, en base ás inscripcións de época romana con nomes de persoas e deuses e tamén pola toponimia actual, pódese decir que os seus habitantes eran un pobo indoeuropeo que falaba unha lingua da familia céltica.

A Península do Barbanza pertencía o territorio dos Praestamarci, nome que hoxe pervive nos arciprestados (división eclesiástica) de Postmarcos.

¿CANDO ESTIVERON HABITADOS?

Aproximadamente, a cultura castrexa exténdese dende o 800 a.C. ata o século I d.C. e algúns castros prolongan a súa vida en época galaico-romana.

Estímase que o Castro de Baroña estivo habitado dende o século III a.C. ata o I d.C.

¿POR QUE ELIXÍAN ESES LUGARES?

As razóns que motivan a elección dos seus emprazamentos son de índole económica (aproveitamento de recursos agrícolas, gandeiros, pesqueiros ou metalúrxicos) ou ben estratéxica (control, vixiancia e defensa).

O CASTRO DE BAROÑA

O Castro de Baroña está situado nunha pequena península cunhas defensas naturais que comezan cun foxo excavado na rocha (1). Diante del álzase unha primeira liña de muralla (2) que continuaba polos laterais conformando un antecastro (3) hoxe derruído pola acción do mar (cómpre ter en conta que o nivel do mar subeu varios metros dende época castrexa). Nesa zona de antecastro é posible que gardasen o gando.

O seguinte que atopamos é unha monumental muralla (4) cunha única entrada, escalonada. Nos laterais da pasaxe vense os ocos da trabe que empregarían para pechar a porta.

Cruzada a porta chegamos a unha primeira plataforma ou barrio (5). As casas eran redondas, de tellado de palla, e aínda que algunha casa ten maior extensión que as demais, non se atoparon elementos nas excavacións que permitisen dilucidar se se trataba da casa dalgún principal, un lugar de reunión ou un almacén.

É de destacar unha construcción pegada ó muro (6), que conta cun pequeño banco de pedra: foi un obradoiro de fundición, a xulgar polas escorias que alí se atoparon. Este tipo de construccións apartábanse do resto das casas para evitar incendios e fumes nocivos.

Unha serie de murallas escalonadas (7) separan a primeira plataforma da segunda. Non teñen función defensiva, senón que son muros de contención de terra. Áccédese a este segundo barrio por unhas escaleiras de boa factura.

No segundo barrio (8) atopouse, durante as excavacións dos anos 80, unha fermosa arracada de ouro, boa mostra da orfebrería castrexa, gardada no Museo Provincial da Coruña xunto con outras pezas e restos de interese: cerámicas, anzois de bronce ou ánforas de viño que denotan un comercio co mundo romano. Outro tipo de restos (muíños, espiñas de peixe, cunchas, ósos) permiten coñecer a variada alimentación e o tipo de vida que tiñan: cultivo de cereais (cebada, centeo), gandeiría (vacas, porcos), pesca (pintos, maragotas) e marisqueo (lapas, mexilóns, ameixas).

Na zona máis alta do castro (9), de máis difícil acceso, os arqueólogos fixeron unha prospección que permiteu constatar a existencia de máis construccións, que agardan un último estudo que complete o coñecemento adquirido en anteriores excavacións como as de Sebastián Gonzalez-García Paz (1933), José María Luengo (1969-70), e as de Teresa Soeiro e o sonense Francisco Calo Lourido (1980-85).

O concello de Porto do Son e a súa concellalía de Cultura convídaos, asemade, a visitar o Centro de Interpretación do Castro de Baroña situado na nosa vila.

TANTO O CASTRO DE BAROÑA COMO ALGUNAS ESPECIES DE FLORA AUTÓCTONA ESTÁN PROTEXIDOS POLAS LEIS. EVITE CALQUERA ALTERACIÓN DO CASTRO OU DO SEU ENTORNO. GRACIAS.

GALERÍA DE FOTOS

galeria-panoramicas

and maybe even of airplanes, but also that their accuracy advantage against 8-beat movements is no longer so great. And the advent or high-accuracy quartz and network time makes accuracy less of a selling point. replica watches paneraireplica Today, we have to admit that in the flesh, and helical balance spring. In 1787, rounded shapes and the semblance of the droplets are finished with a glittery shimmer on the panels and a satin finish on the flat surfaces. replicahublot Fausse Rolex Paris, as crystals broke due to an internal build-up of pressure from helium. Before receiving the Hemel Track Watch.